Ola! O meu nome é Iciar, son WEB/UI Deseñadora & Front End Developer e este é o meu portafolio, agardo que o desfrutes...

photo collage

... gústache?

podo facer a

túa tamén...

Ponte en contacto

Habilidades

  • Proceso de deseño
  • Deseño con Web Standards
  • Deseño Gráfico para web
  • Arquitectura de páxinas web
  • Usabilidade
  • Accesibilidade
  • HTML / CSS
  • JavaScript
  • PHP
  • Jquery

Sobre min

2

A miña experiencia abrangue principalmente o ámbito dos medios de comunicación que incluiu TV, así como a produción de vídeo durante máis dun período de oitos anos en España. Despois de rematar os meus estudos sentin unha conexión inmediata co deseño gráfico para o que desenvolvín e perfeccionei as habilidades necesarias para enriquecer o meu coñecemento e producir un gran traballo.


Después de anos facendo o que máis me gustaba, comecei a decatacarme de que xa non estaba cómoda no medio onde estaba a traballar. Empecei a reconsiderar as miñas opcións de vida en termos de traballo e buscar unha idea máis clara do que quería acadar. Esta procura ambiciosa levoume ao Reino Unido, despois dalgún tempo adicado a viaxar ao redor do mundo. A miña estancia en Londres foi fundamental para comprender que o que realmente desexaba era ampliar e profundar os meus coñecementos de deseño gráfico, converténdoa nunha carreira.


O preludio desta "epifanía" foi un momento de confusión temporal e a dúbida rapidamente disipada por un breve curso sobre a preparación de imaxes para páxinas web co Zak cal preséntome a Prisca. Por sorte, atopara os mellores individuos posíbeis para dirixirme ante calquera incerteza que poidera ter albergado. Prisca abriume o mundo do deseño web, así como transmitir a súa paixón por todo o que se refire ao deseño gráfico, internet e, por suposto, ao deseño de páxinas web que inclúe: a codificación manual, HTML e CSS dentro dos estándares web.


Así é como me convertín nunha deseñadora de páxinas web, felizmente facendo algo que me encanta e me estimula, preparada para aprender máis e máis cada día. É unha verdadeira fonte de motivación, sabendo que cada proxecto será algo novo, interesante e diferente.


descarga o meu cv

p

Portafolio

2

Contacto

*Obrigatorio






p